Campaña galega pola Obxección Fiscal ao Gasto Militar 2021

Obxección Fiscal ao Gasto Militar: pola reivindicación da seguridade humana

O orzamento militar do Reino de España supera hoxe en día os 20.000 millóns de euros (entre gastos explícitos do ministerio de defensa e partidas camufladas en outros ministerios e institucións) e tennos arrastrado a unha débeda ilexítima pola adquisición de programas de armamento (PEA) que acada na actualidade máis de 43.000 millóns de euros e non para de crecer.

Durante os dous últimos anos tivemos que facer fronte a unha pandemia cun sistema sanitario debilitado, logo de anos de recortes, mentres que os gastos militares seguiron aumentando. No estado español, durante o primeiro e segundo ano da pandemia, rexistráronse as maiores subidas dos gastos militares, cun 9,6% de incremento do 2020 ao 2021.

Ante esta situación, faise urxente loitar por un cambio de paradigma de seguridade, cun cambio elemental de prioridades, que poña ás persoas e á vida no centro, e non o financiamento das guerras, a represión e o armamento.

É necesaria unha desmilitarización das crises, e recordar que as principais ameazas para a humanidade e para a seguridade son precisamente as provocadas por un sistema de produción capitalista, extractivista, de explotación de recursos non renovables e finitos, sustentado polo militarismo, e que xera desigualdades, contaminación, destrución de hábitats, perda da biodiversidade e quentamento global. É importante poñer de manifesto tamén que a guerra, e a preparación para a guerra, son as principais causas de migracións forzadas de persoas que, na súa fuxida, acaban bloqueadas en fronteiras cada vez máis militarizadas e onde se dan as máis graves vulneracións dos dereitos humanos.

O financiamento da industria militar provoca, polo tanto, migracións, mentres o incumprimento xeneralizado de cotas de acollida de refuxiados, e o ignominioso Pacto Migratorio europeo, esixen unha aínda maior militarización das fronteiras, e o pago ás empresas de control fronteirizo como FRONTEX, son un dos motivos do incremento dos orzamentos de defensa.

Os grupos, colectivos, ONGs, entidades e campañas que asinamos este manifesto, traballamos colectivamente para que a Obxección Fiscal ao Gasto Militar se consolide como unha ferramenta de desobediencia civil e de loita non violenta que permita, mediante o rexeitamento ao Gasto Militar, empurrar cara a cambios substanciais na distribución de recursos públicos, orientándoos ao dereito á saúde, á xustiza ambiental, á construción da paz e á loita contra a pobreza e a desigualdade.

Sumámonos ao chamamento internacional de máis de 180 organizacións que, ante a situación de pandemia global e emerxencia climática, esixen unha reorientación urxente do gasto militar mundial (GCOMS). E, mediante este documento, poñemos en valor a Obxección Fiscal para visibilizar a ineficacia da resposta militar desmesurada á crise sanitaria e pedimos o apio e solidariedade de toda a sociedade civil, as ONGs, colectivos e entidades para reclamar:

  • Redución dos gastos militares, desmilitarización dos Orzamentos Xerais do Estado (OXE) e reorientación dos gastos militares para gastos sanitarios e sociais.
  • Recoñecemento da Obxección Fiscal como forma lexítima de protesta e de coherencia coa cultura da paz, como a obxección de conciencia.
  • Transparencia nos OXE, na distribución dos recursos públicos e nas prioridades políticas, e rendición de contas.
  • Fin das autorizacións de envíos ilegais de material bélico a países en conflito e con indicios de uso das armas para vulnerar o dereito internacional humanitario e os dereitos humanos.
  • Reorientación das industrias armamentísticas para a produción de bens e recursos sanitarios e hospitalarios.
  • Prohibición da exportación marítima de armamento e do atraque en portos españois de “barcos da morte” destinados ao transporte de armamento e explosivos.
  • Fin da militarización das fronteiras, a externalización da xestión do control fronteirizo e do bloqueo de persoas migrantes en Canarias.
  • Cumprimento das cotas de acollida de persoas refuxiadas e fin das deportacións e devolucións “en quente”.

Actuar agora é esencial para esixir aos gobernos políticas centradas nas necesidades sociais e na seguridade humana.

Súmate!

Asina o manifesto premendo no enlace, e fai Obxección Fiscal aos Gastos Militares na túa declaración da renda.

MANIFESTO

Vigo, Espazo Aberto Antimilitar, primaveira 2021.


O Gasto Militar

O gasto militarizado estimado no 2020 rondou enredor os 23.577,96 millons de euros (moito agochado noutros ministerios) e si sumamos o adicado a control social a cifra dispáraso os 32.389,44(Estimación do Grupo Tortuga gasto militar no 2020)

A seguinte preguta a facerse... ¿Non seria mellor empregarlos en defendernos do que realmente nos importa? Adicarllos a protección social, á sanidade pública, investigación, ou a colectivos socias que directamente estan a loitar para defendernos das verdadeiras agresions que moitas sofremos.

Obxección fiscal

A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado os cartos que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a Obxección Fiscal a podemos facer tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado.

POR QUE OBXECTAR?

Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.

Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos de acordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos)

QUE PROPOÑEMOS?

Ao Estado: a progresiva diminución do gasto militar até a súa eliminación e, por conseguinte, a desaparición dos exércitos.

A todas as persoas e movementos sociais: a desobediencia civil, por medio da O.F., frente á imposición de colaborar co militarismo.

Destinos

Dende o Espazo Aberto Antimilitar propoñemos dentro da campaña pola Obxección Fiscal aos Gastos Militares deste ano varios destinos aos cales podedes enviar os cartos que desviedes nas vosas declaracións:

Ademais desta proposta podedes destinar os cartos ao Espazo Aberto Antimilitar. Os ingresos os podedes facer neste nº de conta ES49 1491 0001 2630 0008 8601 e non esquezades sinalar o proxecto ao que queredes destinar estes cartos.

Lembrade comunicar que fixestes a OFGM enviando un email a espazoantimilitar(arroba)riseup.net indicando a contía e o destino dos teus cartos. Con esa información todos os anos faise un informe estatal sobre a campaña.

Como facela

Antes de comezar lembra que TODO O MUNDO PODE FACER OBXECCIÓN FISCAL AO GASTO MILITAR

O estado recada impostos durante todo o ano a todas as persoas da sociedade, e o fai de moitas formas, non só mediante o IRPF. Deste diñeiro destina unha gran parte -884 € por persoa no ano 2017- para o exército, a policía e a preparación de guerras. A declaración do IRPF supón unha magnífica oportunidade de recuperar este diñeiro e destinalo a un fin xusto.

Por iso lembrámosche que:

  • Calquera persoa, teña ou non ingresos, teña ou non nómina, estea ou non dada de alta, pode facer a declaración de Facenda e reclamar este diñeiro ao estado para desvialo a un proxecto alternativo pola Paz e non violencia.
  • A declaración pódeche saír a pagar, a devolver ou de cota cero. En todos os casos podes obxectar.
  • Se a declaración mándancha xa feita (o borrador), NON a confirmes. Podes aproveitar ese borrador para realizar a túa declaración de IRPF utilizando o programa web da Axencia Tributaria, incluíndo a Obxección Fiscal ao Gasto Militar. Pódela realizar ti mesma ou encargarllo a unha xestoría. Explicámolo de forma máis detida:

Como se fai exactamente a obxección?

Propoñémosche dúas maneiras de facela:

  • Cota fixa: tendo en conta que o estado destinou este último ano 884 euros por persoa para fins militares, esta podería ser unha boa cantidade a obxectar. Con todo desde colectivos como Alternativa Antimilitarista- MOC lanzouse este ano a campaña "Nin un euro para a guerra", animando ás persoas obxectoras a desviar un simple e simbólico euro dos seus impostos co fin de que podamos ser moitas as persoas que fagamos obxección ao gasto militar e que, mesmo, podamos recorrer sen riscos nin complicacións no caso de que Facenda non acepte a nosa obxección.
  • Cota aberta: Dado que o estado ten tantos medios de recadar o noso diñeiro, resulta complicado determinar cal foi a cantidade exacta que nos cobrou ao longo de todo un ano. Con todo a OFGM é, ante todo, unha acción pública e colectiva de denuncia ao militarismo e unha interpelación á sociedade. É moito máis importante o feito de obxectar que a cantidade obxectada; por iso, calquera cantidade, por pequena que poida ser, é válida.

En ambos os casos, incluír a obxección na declaración do IRPF é moi fácil:

  • Realiza un ingreso bancario á entidade cara á que desexas desviar o diñeiro do gasto militar, pola cantidade que decidiches obxectar. Que a Obxección Fiscal ao Gasto Militar apareza nomeada no asunto da transferencia. Garda o comprobante.
  • Modifica a declaración da renda no programa web da Axencia Tributaria ata chegar ao apartado de “Retencións e demais pagos a conta”. Emprega un dos subapartados que non utilices (recomendámosche a casa 606) e nese lugar engade a cantidade que vas obxectar (un euro, ou calquera cota aberta que haxas decidido). Se non tiñas que facer declaración ou non desexabas facela, só tes que entrar á web da Axencia Tributaria, solicitar o teu borrador (moi fácil de facer) e anotar a cantidade que desexas desviar na casa 606. O programa informático recalcula toda a declaración de forma automática. Mesmo aínda que os teus ingresos fosen de cero euros.
  • Termina normalmente o resto da declaración, sen esquecer que o “Resultado da declaración” ten que verse diminuído -se é “a pagar”- nunha cantidade igual á cantidade obxectada ou que a cantidade para devolver -se é “a devolver”- ten que verse aumentada tamén na devandita cantidade.
  • Valida a declaración e dálle a enviar.
  • Envía unha carta ao Ministerio de Facenda anunciando que fixeches Obxección Fiscal ao Gasto Militar e explicando os teus motivos (modelo). Acompaña comprobante do teu ingreso á organización que elixiches como destino alternativo. Garda copia de todo. Pode ser postal (María Jesús Montero, C/ Alcalá, 9. 28071 – Madrid), ou mediante o propio rexistro eléctronico da "Sede Electronica da Axencia Tributaria" podesla incluir como anexo da tuá declaración.

Se non te aclaras moito á hora de realizar de forma informática a túa declaración de IRPF neste ligazón hai un titorial detallado na web Tortuga.

Qué riscos ten?

Si non é aceptada seguramente alegarán motivos técnicos, e pediránche o importe obxetado. Lembra que non estamos a defraudar, é un acto de desobediencia civil co cal pretendemos denunciar o militaristo en xeral e o gasto militar en particulur.

Contacto

Mensaje enviada, gracias!

Copyleft - 2021 - Grazas polos materias gráficos a "El Salto" y "Goldi libre, autorretrato dun insubmiso nos cárceres de Felipe González", se atopas material que non queres que usemos so tes comentalo.